martes, 10 de marzo de 2015

Pensamentos e ilusións. (I premio, cat. xuvenil. XIV Certamen de Poesía. Concello de Foz)


Queres un consello?                                                        

non te namores                                                                

xamais atopes a alguén

nunca ames, faime caso.                                                  

Non te namores

e dese xeito non te ilusionarás

non creerás que alguén é dun xeito

e que non era como pensabas descubrirás.                     

Non te namores

se non queres encontrar manías

compartir tristura con alguén

resignarte ao mundano pola contra do que crías.

Esquecinme dicir algo,

non te namores de alguén sen máis

namórate dalguén que mereza a pena

alguén que te queira de verdá´

Namórate non de quen era guapo

se non de quen sempre te quixo

de quen fixo os días máis sinxelos

que te curaba aparecendo de improviso.

Namórate de quen podía pasar horas

falando sen dicir nada

mirándote sen abrir a boca:

porque pensa que es marabillosa.

Namórate de quen se namore de ti

da túa forma de ser tan particular

dos teus cambios de humor

da túa facilidade para soñar.

Namórate dos soños dalguén

namórate da forma de pensar

 namórate da súa vida contigo

do xeito de te mirar.

 Susurra que o queres

ou bérrallo ao mundo

 ama, moi forte, vive sen présa

 e sinte no máis profundo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario