sábado, 29 de noviembre de 2014

Liberdade. (Historia- primeiro premio categoría 1 sobre a violencia de xénero- Concello de Burela)

Tiña medo, si, recoñézoo. El facíame telo. Non podía pensar, non podía sentir...non era dona de min.
Dona de min? nin sabía o que era iso, aínda que El o fixera por amor.
Por amor?estaba cega e non vía que o único amor que El sentía era por si mesmo; non era consciente do meu deterioro.
Deterioro, coma esa vela que tes enriba da mesiña de noite, feble,.que se vai esvaecendo pouco a pouco ata a derrota.
Derrota, niso consistía a miña vida, unha continua derrota na que cada paso que daba era un golpe.
Golpe coma todos os que El me deu ese día...
...ou golpe coma o que din sobre a mesa o día que denunciei e comecei a soñar.
Soñar con vivir, con ter unha vida que non dependera de alguén; con olvidar.
Olvidar soa tan sinxelo...mais é un camiño longo ata a liberdade.
Liberdade: que bonito nome tes e como me gostas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario