Hoxe voltei con Castelao. Botaba de menos ler Cousas.
É interesante como moitos capítulos dunha obra da que pasei as páxinas tantas veces, aberto e pechado na praia, na casa de amigos ou na intimidade da miña habitación cambian ao lelo unha vez ou outra.
Desta vez recobrou un sentido especial. Entendín de forma diferente o que me chamaba.
Abrín o meu corazón a eses capítulos tristes.
Sigo sen entender cando fala do amor. Quizáis son demasiado cativa para o entender. Ao mellor a miña falta de crenza nese sentimento faime menos empática con aqueles que o poidan sentir. Pode que os vexa tontos e incluso dende una perspectiva de superioridade irreal mais dende aló enriba todo está máis claro.
Rapaciños na rúa bicándose e eu nese intre estaba fotografiándome diante dunha parede baleira. Soa extraño máis é normal.
Teño medo de que me fagan dano. Eu asúmoo, e vivo con iso. Se xa os amigos me doen no meu maxín non entra nada que se achegue ao amor.
Pode que seña máis infeliz por iso. Non o nego. Mais o outro día falando coa profesora de historia dixen: "se non fose por decisións ninguén estaría eiquí".
Creo niso, creo en que todo o que facemos predetermina o que ocorrerá despois.
Non sei por que estou a escribir en galego. Non o entendo. Hoxe éncheme máis, simplemente.
Está soando una canción de Three Days Grace e estoume a lembrar de mellores momentos, sería mellor vivilos de novo mais non sería o mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario